Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.
La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.
Muchas Gracias.
Concello de Porto do Son e COGAMI unidos para mellorar a accesibilidade do Concello
Farase unha avaliación da situación actual dos espazos públicos e das propostas de mellora para conseguir a accesibilidade universal.
COGAMI e o Concello de Porto do Son veñen de asinar un convenio para elaborar un plan director de mellora da accesibilidade universal nos dous principais núcleos do concello, en Portosín e Porto do Son. A través deste convenio, o técnico da área de accesibilidade de COGAMI vai avaliar como está a situación actual dos espazos públicos e cales son as actuacións que haberá que acometer para o uso de todas as persoas.
No estudo xa se contemplan cinco principais áreas a estudar, sendo estas: a fronte marítima, a estrada AC-550, as rúas interiores do casco urbano, os equipamentos urbanos, e as praias e os seus accesos.
Primeiramente, o que se fará será unha recompilación de datos sobre o municipio nos que se identificarán os itinerarios principais de intervención que se coñeceran a través dunha auditoría ou estudo sobre a accesibilidade, que rematará coa elaboración dun plan de accesibilidade e calidade ambiental da rede peonil e dos edificios públicos do Concello de Porto do Son.
Ademais dos núcleos urbanos de Portosín e Porto do Son, tamén o plan comprenderá os edificios de titularidade municipal.