Rutas de Sendeirismo de
PORTO DO SON
+
Esta páxina emprega cookies propias e de terceiros. Navegando por esta web estás aceptando as condicións de uso.
Información

Benvid@s á páxina web das Rutas de Sendeirismo de Porto do Son!

Video

O Concello de Porto do Son está repleto de fermosas paraxes, salpicadas por un sinfín de petróglifos, mámoas, cruceiros, muíños e demais construcións tradicionais, así como de pequenas caleas e enormes praias, enlazados por miradoiros naturais sobre o océano Atlántico e coroado polo Castro de Baroña.
As 16 rutas de sendeirismo recollidas nesta páxina permiten achegarlle aos camiñantes a información relativa a todos estes tesouros culturais e paisaxísticos dunha forma ordenada e documentada.
Poden ampliar a información de cada unha das rutas ou puntos de interese simplemente premendo sobre elas, así como xestionar os elementos visibles no panel de capas, escoller entre 3 mapas de fondo ou situarse na súa propia localización no panel de navegación. Todo elo tanto desde o seu ordenador persoal, tableta ou teléfono móbil.
Como complemento a esta páxina e aos paneis informativos situados ao longo das rutas, tamén poden descargar a información das rutas en formato pdf.
Pode obter máis información relativa a Porto do Son na páxina web do Concello ou en Turgalicia.

Bo camiño!

Capas

camiño

capela

castro

civil

conxunto

cruceiro

fonte

hórreo

igrexa

mámoa

muíño

necrópole

pazo

petróglifo

pombal

ponte

lagoa

miradoiro

praia

informacion