Epistolario de Ricardo Carballo Calero con Otero Pedrayo

  • Imprimir

O epistolario cruzado entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero é un dos máis completos e interesantes dos que se conservan en Galicia. Inclúe 167 cartas, case a partes iguais (85 de Otero a Carballo, que están nos fondos do Parlamento Galego, por depósito familiar, e 82 de Carballo a Otero, que están na Fundación Penzol, por disposición testamentaria). Corresponden a un período que vai de abril de 1949 a outubro de 1974.

Poñelo a disposición do público de forma aberta é un desexo tanto das institucións que colaboran neste proxecto coma da familia de don Ricardo e unha contribución de máximo interese para o Día das Letras Galegas; un tesouro que nos da a coñecer dunha forma máis íntima a figura de este insigne escritor.

 

Podedes acceder a esa correspondencia na seguinte ligazón: 

http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/epistolarios/epistolario.php?epistolario=9631